sábado, 16 de mayo de 2015

Jornadas sobre plantas medicinales en Courel

Dende a Área de Medio Ambiente da Deputación de Lugo transmitímoslle a nosa invitación para asistir á Xornada teórico- práctica de Conferencias sobre as plantas medicinais e o seu uso tradicional no Caurel. Esta xornada celebrarase o vindeiro sábado 23 de maio na estación científica do Caurel, situada en Seoane do Caurel.

A participación na xornada é de balde, mais o aforo é limitado. Para poder participar cómpre facer unha inscrición chamando por teléfono aos números 648051928 ou 600942418, ou enviar un correo a algún dos seguintes enderezos electrónicos:ro_rodriguezlopez@hotmail.com,antonio.rigueiro@usc.es.
As conferencias serán impartidas por María Moure Oteyza, Licenciada en Farmacia pola USC e autora dunha Tese de Doutoramento sobre o Caurel como referente de sabedoría e tradición popular.

A hora de inicio da xornada será ás 10:30 horas e durará ata as 19:30 horas, coas pausas correspondentes.

Agardando que esta información resulte do seu interese, aproveitamos a ocasión para trasladarlle un cordial saúdo,

Área de Medio Ambiente e Enerxías Renovables
Deputación de Lugo

No hay comentarios:

Publicar un comentario