jueves, 19 de febrero de 2015

Jornadas sobre nuevas tecnologías en Santiago

A Secretaría Xeral da Igualdade está a organizar aXIII Xornada galega de nais e pais. Educando en igualdade: “Estratexias lúdicas en Igualdade. Uso sen abuso de videoxogos e smartphones para as nais e pais e as súas fillas e fillos e que ten como obxectivo abordar a problemática do sexismo nos videoxogos e teléfonos intelixentes así como evitar o seu uso abusivo.

 

Dirixímonos a vostedes para animalos/as a participar e solicitarlles a súa colaboración na difusión desta actividade formativa destinada a sensibilizar as familias no importante labor que poden realizar co fin de apoiar usos seguros e saudables dos videoxogos e smartphones por parte de nenos, nenas, que terá lugar na data e lugar abaixo indicados:

 

Día: 21 de febreiro de 2015

Lugar: EGAP R/Madrid, 2-4, Santiago de Compostela

Prazo de inscrición: ata cubrir as prazas dispoñibles durante o venres día 20 de febreiro

 

Poderá atopar o programa e a solicitude de inscrición na nosa paxina web (http://igualdade.xunta.es) , no folleto e arquivos que se achegan neste correo electrónico. Agradecémoslles que nos confirmen a recepción deste correo electrónico.

 

Grazas pola súa colaboración, un saúdo,

 

Secretaría Xeral da Igualdade

Edificio Administrativo San Lázaro s/n

No hay comentarios:

Publicar un comentario