Área de Medio Ambiente da Deputación de Lugo comunicámoslle a posta en marcha da nova campaña de actividades medioambientais gratuítas para tódolos públicos na Casa das Insuas de Rábade para este mes de xuño.
As actividades intégranse na seguinte programación:
- 6 de xuño, de 11:00 a 18:00 horas: saída ao campo para a observación de anfibios e réptiles.
- 20 de xuño, de 10:00 a 14:30 horas: o lobo e o seu conflito: da normativa ao diálogo.
- 14 de xuño, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas: curso de ilustración da natureza.
- 21 de xuño, de 09:30 a 14:30 horas: Murais na natureza.
As actividades teñen aforo limitado, polo que cómpre facer unha inscrición previa para poder participar nas mesmas. A inscrición realízase na web www.deputacionlugo.org, seleccionando a ligazón "ÁREA DE MEDIO AMBIENTE" e cubrindo un formulario cos datos personais no apartado "ACTIVIDADES DA CASA DAS INSUAS".
Para máis información sobre estas actividades, poden consultar a web da Deputación ou chamar ao teléfono 630 948 293.
No hay comentarios:
Publicar un comentario