Prezadas/os amigas/os,
Seguindo coa nosa aposta por facer da Casa-Museo Manuel María un espazo constamente dinámico disposto a acoller todo tipo de iniciativas culturais e lúdicas e ofrecer unha programación estábel de actividades periódicas, informamos que o vindeiro sábado 24 de xaneiro ás 21 horas o auditorio da Casa de Hortas acollerá As aventuras de Nabiza Girl, un espectáculo cómico da actriz Isabel Risco.
Se vos interesa asistir, podedes xa reservar a vosa entrada por adiantado a través do teléfono 698 177 621 ou do correo-e fundacion@manuelmaria.com. O prezo das entradas é de 4 €. Retiraranse o mesmo día do espectáculo na Casa-Museo até 15 minutos antes do inicio: se houber entradas reservadas que non se retiren, poderanse pór de novo á venda ao público que non contar con reserva feita. Lembrade que o aforo do auditorio é algo limitado.

Isabel Risco é unha actriz galega que non necesita presentación: caracterizada, sobre todo, pola súa espontaneidade e o seu entusiasmo contaxioso, conta cunha traxectoria profesional amplamente coñecida no teatro, na radio e no audiovisual, destacando polos seus papeis cómicos, aínda que non só. Recibiu o prestixioso Premio Mestre Mateo en 2013 á mellor actriz de reparto e é moi destacábel a súa desinteresada participación en todas as causas xustas para as que é requirida, en especial na loita pola dignificación da nosa lingua e da nosa cultura.
Isabel xa nos acompañara na xornada de inauguración da Casa-Museo, o 7 de setembro de 2013: volta agora a Outeiro de Rei mutada nunha heroína cuxa andaina ben promete unhas boas gargalladas.
Agardámosvos!
Recibide unha cordial aperta,
A Fundación Manuel María de Estudos Galegos

No hay comentarios:
Publicar un comentario