martes, 18 de noviembre de 2014
Conciertos en la Casa Museo Manuel María -Outeiro de Rei-
Inauguramos unha nova proposta de dinamización da Casa-Museo Manuel María en Outeiro de Rei: concertos "íntimos" con carácter trimestral, un por cada estación do ano. Un pasiño máis para converter a Casa en espazo de acollida e proxección de todo tipo de iniciativas culturais arredor da figura do noso Poeta Nacional.
Prácenos convidarvos ao primeiro destes concertos íntimos, que quixemos chamar "De corazón a corazón": abrimos este ciclo o vindeiro venres 21 de novembro ás 21 horas con Uxía.
Este non será un concerto máis de Uxía, senón un concerto diferente, nun ambiente máis íntimo, nun espazo único, onde poderemos falar de Manuel María, escoitar ao poeta na voz de Uxía e mesmo conversar coa artista. A palleira da Casa de Hortas, hoxe transformada en auditorio, cremos que é un escenario que se presta para escenificar esa maxia.
Dado que o número de localidades é limitado, pregámosvos que reservedes antes a vosa entrada. Podédelo facer ben respondendo este mesmo correo ben telefonicamente no 698 177 621. O prezo da entrada son 5 €, que se pagarán na mesma Casa-Museo. Aquelas entradas reservadas que non se retiraren 20 minutos antes do inicio da actuación serán postas á venda.
Agradecemos que estendades o convite canto posíbel e que convidedes a este concerto de formato diferente todas as vosas amizades e contactos.
Recibide un moi cordial saúdo
A Fundación Manuel María de Estudos Galegos
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

No hay comentarios:
Publicar un comentario