martes, 17 de abril de 2012

Acta de sesión ordinaria do consello Escolar do CPI Virxe do Monte.

Celebrada o luns 30 de Xaneiro de 2012. as 15:50 horas na sala de profesores do centro co seguinte

                                                                    ORDE DO DIA

1.- Lectura e aprobación, si procede, das actas das sesións dos días 6 de octubro e 22 de novembro de 2011.
2.- Comunicación Oficiais:

a.- Autorización dos días non lecctivos para o presente curso.
b- Ley 4/2001 de 30 de Xuño de la convivencia e participación na comunidade educativa.
c- Decreto 229/2011 de 7 de decembro polo que se regula a atención a diversidade do alumndo.
d- Resolución  de 30 de novembro de 2011 pola que se ditan instruccións para o desenvolvemento da avaliación de diagnostico.
e- Outras.
3.- Aprobación do Plan Xeral Anual.
4.- Plan de convivencia do centro.
5.- Resultados obtidos na primeira avaliación.
6.- Avaliación de diagnóstico.
7.- Comedor escolar: Transferencias e banlance do 1º trimestre, almorzos saudables.
8.- Transporte escolar.
9.-Aprobación, se procede, das contas xustificativas de gastos de funcionamiento correspondentes a o exercicio 2011.
10.- Rogos e preguntas.

                                      ~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~

PUNTO 1

            O secretario da lectura das actas das sesións do 6 de octubro e 22 de novembro de 2011, que resultan aprobadas.

PUNTO 2

            A Directora informa ao Consello Escolar das comunicacions oficiais recibidas:

a.- O Servizo de Inspección Educativa accede a declarar días non lectivos para o curso 2011/2012 ó 5 de decembro de 2011 e o 18 de maio de 2012.

b.- A ley de 4/2011de 30 de xuño de convivencia e participación da comunidade educativa, crea e reforza os instrumentos xurídicos que permiten acceder a manter un clima de convivencia de calidade, sifnificativa a profesión docente recoñecendo a condición en autoridade a todos os membros da comunidade educativa (alumnado, profesorado, pais e nais, personal de administración e servicios), así como la propia adminsitración educativa na tarefa de mellora da convivencia.

c.- O decreto 229/2011 de 7 de decembro polo que se regula a atenión a diversidade do alumnado é conforme á lei orgánica 2/2006, no seu capitulo 1, onde establece principios e fins do sistema educativo, a calidade, a non discriminación, a flexibilidade para adecuar a educacion á diversidade de aptitudes, intereses e necesidades do alumnado para conseguir o éxito escolar. Recolle accións, medidad de atención ordinarias e estraordinarias e obriga á elaboración dun Plan Seral de Atención á Diversidade proposto polo Claustro para a sús aprobación polo Consello Escolar, pasando a formar parte do PEC.

d.- A resolución do 30 de novembro de 2011, pola uqe se ditan instruccións para o desenvolvemento da avaliación de diagnóstico indica que esta tenrá lugar os días 9 e 10 de maio de 2012 para 2º de ESo, e os días 23 e 24 de maio para 4º de EP.

e.- Non hai comunicacións oficiais fora das apuntadas con anterioridade.

PUNTO 3

              A Directora propón ao Consello Escolar a aprobación do Plan  Xeral Anual, que comprende o horario xeral do centro, a organización dos servizos complementarios, o DOC e o progama anual de actividades complementarias e extraescolares.
           O Plan Xeral Anual resulta aprobado polo Consello Escolar.

PUNTO 4

           A Directora informa ao Concello Escolar de que se están a levar a cabo unha actualización do Reglamento de Réxime Interior (cara a elaboración de normas de convivencia a través das titorías), un protocolo de actuación para os casos de acoso escolar e a propagación de un proxecto de mediación para a resolución de conflictos.

PUNTO 5:

           A Xefa de Estudos de EP informa ao Consello dos resultados obtidos na 1º evaliación nesta etapa:

1º EP; 14 alumnos: aproban todo 9 (64%), 4 suspenden 1 materia, 1 suspende 3 materias.
2º EP; 22 alumnos: aproban todo 17  (77%), 1 suspende 1 materia, 1 suspende 3 materias, 1 suspende 4 materias, 1 suspende 6 materias, 1 suspende 7 materias.
3º EP; 21 alumnos: aproban todo 10 (47%),, 5 suspenden 1 ou 2 materias, 3 suspenden 3 ou 4 materias, 3 suspenden 5 o mais materias.
4º EP; 20 alumnos: aproban todo 13 (65%), 2 suspenden 1 materia, 1 suspende 2 materias,3 suspenden 4 materias, 1 suspende 5 materias.
5º EP; 17 alumnos; aproban todo 15 (88%), 1 suspende 1 materia, 1 suspende 5 materias con acs.
6º EP; 15 alumnos; aproban todo 8 (53%), 3 suspenden 1 ou 2 materias, 3 suspenden 3 materias, 1 suspende 4 materias