martes, 1 de octubre de 2019

Actividades extraescolares 2019/2020


ACTIVIDADES EXTRAEXCOLARES CURSO 2019/ 2020

 INGLÉS LÚDICO:
As clases serán no recreo de 13:45 a 14:45 un día á semana.
Se se forman 3 grupos sería os luns, martes e xoves.
Prezo: 15€/mes si hai 25 ou mais alumnos.
18€/mes si hai menos de 25 alumnos.
Impartido por a licenciada Ana Pardiñas Paz.

 XADREZ:
As clases serán os luns no recreo de 13:45 a 14:45.
Prezo: 15€/mes + 10€ ao inicio do curso para material didáctico e federar aoscparticipantes.
Mínimo de alumnos: 5.

 PINTURA:
As clases serán os mércores de 16:00 a 17:15.
Prezo: 20€/mes
Mínimo de alumnos: 10.

Para nenos de idades comprendidas entre 4 e 7 anos
As clases serían os xoves de 15:45 a 16:45 (se se forman dous grupos, o segundo grupo tería a clase os venres).
Prezo: 12€/mes
Mín de alumnos: 8.
Máx por clase: 14 nenos.
Clase impartida por Paula Fernández Rodríguez, diplomada en maxisterio, especialidade en Ed. Musical.

Para nenos a partir dos 8 anos.
As clases serían os venres de 15:45 a 16:45.
Prezo: 10€/mes
Mínimo de alumnos: 12 alumnos.
Material requerido: para a clase de gaita unha frauta escolar que adaptaría o mestre e no caso de percusión unha caixa xorda e baquetas.
Clase impartida por Xián Herrera, diplomado en educación musical pola Universidade de Vigo.

Para nenos de idades comprendidas entre 3 e 12 anos
As clases serían martes ou mércores (según conveña aos interesados e ao profesorado)
de 15:45 a 16:45.
Prezo: 15€/mes.
Impartido por Aída Coba, diplomada en arte dramático e máster en pedagoxía teatral e Óscar Varela, diplomado en pedagoxía teatral e máster en estudos teatrais e audiovisuais.

 PÁDEL:
As clases serán impartidas nas instalación da empresa Indoor Vilalba, cunha 1h/semanal, 4 h/mensuais.
Para nenos de idades comprendidas entre 7 e 12 anos.
Prezo: 25€/mes (pagadeiros a principios de mes).

Data límite para entregar as solicitudes o 11 de Outubro de 2019.
Para poder anotarse ás actividades extraescoles da ANPA é obligatorio ser socia/o.
Podedes consultar mais información sobre os curso no Blog da A.N.P.A. anpavirxedomonte.blogspot.com

AVISO: vaise crear un grupo de Whatsaap co único fin de comunicar información sobre actividades extraescolares e outras actividades da ANPA. Con este recurso podemos enviarvos información sobre horarios de festas, cambios en actividades extraescolares,... Ademais poderedesvos comunicar co profesorado ou cos mestres para comunicar o que precisedes: ausencias, baixa de alumnado,...



domingo, 3 de septiembre de 2017

Calendario escolar 2017/2018

CALENDARIO ESCOLAR
Curso 2017-2018
📚📖✏️

El próximo lunes 11 DE SEPTIEMBRE arrancará el Curso Escolar 2017-2018.
Ese día el alumnado de Educación Infantil, Primaria y Educación Especial se incorporará a las aulas, cuatro días antes que el estudiantado de Secundaria, Bachillerato y Formación Profesional, que iniciará sus clases, al igual que el pasado año, el 15 DE SEPTIEMBRE.

Todos se despedirán de los colegios para disfrutar el verano el jueves 21 DE JUNIO, salvo en el caso de las enseñanzas de régimen especial, para las que las actividades lectivas finalizarán el 30 de junio.

En cuanto a los periodos vacacionales, NAVIDAD será DEL 22 DE DICIEMBRE HASTA EL 7 DE ENERO, ambos INCLUÍDOS. De esta manera, el último día de clase será el jueves 21 de diciembre y la reincorporación a las aulas tras los días de descanso se producirá el 8 de enero, que coincide en lunes.

Para CARNAVAL, el calendario de la Xunta marca los días 12, 13 y 14 DE FEBRERO (lunes, martes y miércoles) mientras que en SEMANA SANTA, los centros educativos permanecerán sin actividad DESDE EL 24 DE MARZO HASTA EL 2 DE ABRIL, ambos INCLUÍDOS.

Calendario Escolar para o Curso 2017/18 nos Centros Docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.
http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20170622_calendario_escolar.pdf

lunes, 22 de mayo de 2017

lunes, 3 de abril de 2017

Abrese o prazo para solicitar as axudas para fillos de ata tres anos

A partir de mañá as familias galegas poden solicitar a prestación do pago único por fillos menores de tres anos ao cargo para 2017. Poderán ser beneficiarias as personas con fillos menores de tres anos a 1 de xaneiro de 2017 e que durante o ano 2015 nin elas nin ningunha das personas que compoñen a unidade familiar estiveran obrigadas a presentar a declaración por IRPF.

As contías van desde os 360 euros para o primeiro fillo, 1.200 se é o segundo e 2.400 euros para o terceiro e sucesivos. Para facer fronte ao pago destas axudas, a Xunta ten habilitado unha partida de tres millóns de euros

viernes, 31 de marzo de 2017

O CENTRAD da Deputación acolle por primeira vez en Galicia unha exposición lúdico-cultural de plastilina dirixida aos cativos da provincia

Trátase de Plastihistoria da Ciencia, a exposición da Fundación Educa que conta con 20 escenas elaboradas integramente por plastilina nas que se recollen momentos históricos e descubrimentos de todas as disciplinas da ciencia

- García Porto subliñou que “dende o Goberno da Deputación ofrecemos para os pequenos unha programación, totalmente gratuíta, co fin de que adquiran novos coñecementos nun entorno lúdico que estimule súa aprendizaxe”

- A mostra estará exposta en abril, maio e xuño cun horario de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas. A entrada é gratuíta. Os centros educativos interesados en realizar unha visita guiada á exposición e aos obradoiros deberán chamar ao 982 210 066

 

A Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, presentou este mércores no Centro de Artesanía e Deseño a exposición Plastihistoria da Ciencia, que organiza a Fundación Educa e que estará exposta, por primeira vez en Galicia, nos meses de abril, maio e xuño no Centro de Artesanía e Deseño da Deputación.  Fíxoo xunto ao Secretario da Fundación Educa, Jorge Peláez.

 

García Porto subliñou que “dende o Goberno Provincial incluímos nas nosas programacións culturais aos máis cativos, por iso organizamos esta exposición de plastilina, totalmente gratuíta, durante 3 meses para que os nenos adquiran coñecementos novos nun entorno lúdico que estimule a súa aprendizaxe. Ademais, os visitantes a esta exposición poderán coñecer as coleccións e os obradoiros cos que contamos no Centro de Artesanía e Deseño.”

 

A exposición Plastihistoria da Ciencia conta con 20 escenas elaboradas integramente de plastilina, ademais de utilizar outros materiais como papel, madeira, cartón pluma, musgo e abaloiros. Na mostra se recollen todas as disciplinas da ciencia (física, química, matemática, medicina, xenética, bioloxía, astroloxía) representando en plastilina algúns momentos históricos dun descubrimento ou do seu inventor. A colección da Fundación Educa xa estivo en cidades como Madrid, Sevilla ou Valladolid acadando moito éxito de participación.

 

Ademais desta mostra, o Executivo Provincial ofrece aos colexios visitas guiadas para coñecer a Colección de Instrumentos Musicais, e os obradoiros do Moble, do traxe tradicionalo,  do Libro e Instrumentos Musicais do Centro de Artesanía e Deseño. O horario é de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas. A entrada é totalmente gratuíta. Os centros educativos interesados en realizar a visita guiada á exposición de Plastihistoria da ciencia e aos obradoiros do Centro de Artesanía e Deseño deberán chamar ao 982210066.

 

Fundación Educa

Educa é unha fundación sen ánimo de lucro, que aposta polo traballo coa infancia e os mozos, a través da educación e a formación, sendo estes medios os motores de enriquecemento da sociedade e do progreso. Por ese motivo, varios dos seus eixos de actuación céntranse na promoción de estudos, a investigación e a participación en proxectos que traballen pedagoxicamente a educación formal e non formal. A Fundación Educa traballa en novos ámbitos, destacando o apartado dedicado á promoción artística e cultural cun fin formativo e educativo dos cidadáns, froito do cal xorden varias exposicións.

https://gallery.mailchimp.com/f5232c3293e32ba7a7260c408/files/e729d1e0-c9d2-4825-b5e5-02cdcfe50931/Plastihistoria_de_la_ciencia.pdf


martes, 21 de marzo de 2017

Roteiros artesanais no CENTRAD polos días europeos de artesanía

Roteiros artesanais no CENTRAD polos días europeos de artesanía


Os interesados en participar nas rutas artesanais teñen do 21 ao 29 de marzo, para enviar un correo a info.centrad@deputacionlugo.org indicando os seus datos persoais: nome completo, DNI, número de teléfono e a ruta específica do seu interese. A selección de participantes farase por rigoroso orden de inscrición. O Centro de Artesanía e Deseño achega para as rutas aos obradoiros dos artesáns da provincia buses, totalmente gratuítos, que sairán todos os días ás 9:00 horas na Rolda da Muralla, diante da Capela de Santa María.

Ademais, durante os Días Europeos da Artesanía, o Centro de Artesanía e Deseño ofrecerá xornadas de portas abertas, totalmente gratuítas para os lucenses, nas que poderán visitar a Exposición Plastishistoria da Ciencia, a Colección de Instrumentos Musicais, e os obradoiros do Moble, do Libro e Instrumentos Musicais. O horario é de 10:30 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas.
 
Roteiros
O venres 31 de marzo: terá lugar a ruta polos obradoiros artesáns da cidade de Lugo, que contan con 2 microbuses.
A ruta do primeiro é a seguinte:
- Ás 9:00 horas comezará o roteiro na Rolda da Muralla.
- De 9:15 a 9:45 horas visita a Barro en Vivo.
- De 10:00 a 11:00 horas visita a Traxandaina.
- De 11:15 a 11:45 horas visita a Mi madre no lo sabe.
- De 11:50 a 12:30 horas visita a Quercur.
- De 12:45 a 13:15 horas visita a Pátina.
- De 16:00 a 17:00 horas visita ao Obradoiro Lis.
- De 17:15 a 18:15 horas visita a Augatina.
- De 18:30 a 19:30 horas visita a Amalgama.

A ruta do segundo microbús é a seguinte:
- Ás 9:30 horas comezará o roteiro na Rolda da Muralla.
- De 9:45 a 10:30 horas visita a Barro en Vivo.
- De 10:45 a 11:45 horas visita a Traxandaina.
- De 12:00 a 12:30 horas visita a Mi madre no lo sabe.
- De 12:35 a 13:15 horas visita a Quercur.
- De 13:30 a 14:00 horas visita a Pátina.
- De 17:00 a 18:00 horas visita ao Obradoiro Lis.
- De 18:15 a 19:15 horas visita a Augatina.
- De 19:30 a 20:30 horas visita a Amalgama.

O sábado 1 de abril: os participantes dos roteiros visitarán os obradoiros artesáns da mariña lucense.
- Ás 9:00 horas comezará o roteiro na Rolda da Muralla.
- De 10:20 a 12:00 horas visita a Regal Cerámica.
- De 12:15 a 13:30 horas visita a Oscar Rodríguez.
- De 15:30 a 17:30 horas visita a Astilleros Fra.
- De 18:30 a 20:00 horas visita a Taller Estampa.

O domingo 2 de abril: os participantes dos roteiros visitarán os obradoiros artesáns do sur da provincia.
- Ás 9:00 horas comezará o roteiro na Rolda da Muralla.
- De 9:40 a 11:10 horas visita a Arxemil Luthier.
- De 11:50 a 13:30 horas visita a En Lá.
- De 15:45 a 17:00 horas visita a Rectoral Gundivós.
- De 18:15 a 19:30 horas visita a Armaior.
 
Obradoiros participantes
- Amalgama: é un espazo dedicado á artesanía en xeral e aos oficios da pratería e cestería en particular que se suma á celebración dos Días Europeos da Artesanía abrindo as súas portas ao público para que coñezas de cerca o traballo dos seus propietarios. Carmen Fieiras dedícase á cestería desde fai vinte anos, conxugando a produción das súas coleccións de cestería de estilo actual e vivaz colorido, coa organización de cursos de cestería para todos os públicos. O seu socio Adolfo Domínguez tamén imparte formación, é prateiro e conta cunha ampla traxectoria profesional que evolucionou ata a creación de pezas contemporáneas nas que incorpora materiais nobres como a madeira, a lousa ou os coñecidos ollomaos.

- Armaior: celebra os Días Europeos da Artesanía abrindo as portas do seu taller a todos os interesados na tornería de madeira de oliveira. O taller atópase situado no lugar de Toca, Quiroga ao pé da serra do Caurel e en plena Ribeira Sacra na provincia de Lugo. Os seus responsables Pablo e Álvaro Rodríguez contan cunha ampla traxectoria profesional no sector da carpintería tradicional e o traballo con madeiras autóctonas, que derivou nos últimos anos na creación dunha liña de pezas utilitarias e decorativas de madeira de oliveira que polas súas características antibacterianas fana perfecta para o seu uso culinario. Fontes, morteiros, táboas, creadas de forma totalmente artesanal de formas suaves, torneadas coa sensibilidade e o respecto do que coñece os bosques máxicos e nutricios.

- Augatinta: celebra os Días Europeos da Artesanía abrindo as súas portas para todos aqueles interesados no mundo do gravado. Un centro integral dedicado á produción de elementos de papelería singulares como cartóns, invitacións, soportes para envíos personalizados, agasallo de empresa ou obsequio institucionais; onde ademais poderás formarte da man dos mellores especialistas en técnicas que van desde o máis tradicional (augaforte, punta seca, verniz brando, augatinta, xilografía e linóleo) pasando polo máis actual (fotogravado non tóxico e verniz acrílico) ata as técnicas máis novas, experimentais e interdisciplinares.

- Arxemil Luthería: súmase á celebración dos Días Europeos da Artesanía abrindo as portas do seu obradoiro a todos aqueles interesados no mundo da construción de violíns, violas, violoncelos e zanfonas. O taller atópase situado en pleno Camiño de Santiago, en Sarria, provincia de Lugo onde a influencia xacobea deixou pegada nesta localidade na que tradicionalmente proliferaron os construtores de instrumentos musicais. Xermán Arias é o herdeiro deste bo facer e coñece como ninguén as claves para un bo instrumento. Participou na reconstrución dos instrumentos do Pórtico da Gloria e fai soar a zanfona sempre que a ocasión mereza a pena, aínda que é no mundo da música clásica onde ten a maioría dos seus encargos.

- Estaleiros Fra: súmase á celebración dos Días Europeos da Artesanía abrindo as súas portas a todos aqueles que estean interesados en introducirse no mundo da navegación e a carpintería de ribeira. O estaleiro atópase situado na marxe dereita do río Cobo, no porto de San Ciprián, na provincia de Lugo. Conta cunha experiencia de máis de dous centos anos construíndo e reparando embarcacións de todo tipo: desde a chalana máis pequena ata un cargueiro de vinte e oito metros de eslora, pasando por todo tipo veleiros e embarcacións de pesca ou recreo. Francisco Fra é o último de 7 xeracións de carpinteiros de ribeira que constrúe, navega e fala coa paixón do que forma parte dun anaco da historia da Galicia mariñeira.

- Barro en Vivo: súmase á celebración dos Días Europeos da Artesanía abrindo as súas portas a todas aquelas persoas interesadas no mundo da cerámica artística como vehículo de crecemento integral no mundo educativo, tanto polas súas posibilidades de relación coa contorna, como polas súas prestacións no desenvolvemento afectivo, cognitivo, emocional, mellora de confianza e autoestima das persoas. Compaxinan o seu traballo de peza única de carácter escultórico e trazos hiperrealistas, coa produción de pequenas series de produtos decorativos feitos de forma totalmente artesanal, e a celebración de talleres e campamentos educativos en toda Galicia.

- Centro Oleiro Reitoral de Gundivós: Pola súa historia e características xeográficas Galicia é territorio onde proliferan os oficios tradicionais vinculados a sectores produtivos primarios. Un dos oficios máis ancestrais é a olería, esencialmente rural, que nos traslada nos seus produtos unha mensaxe étnica e de autenticidade, que a principios deste século tivo unha gran influencia na sociedade e economía de zonas como Gundivós, municipio de Sober en plena Ribeira Sacra, onde nos seus mellores tempos chegaron a traballar uns trinta oleiros. A olería máis ancestral de Galicia, quizais tamén a máis primitiva de España, tal vez houbese desaparecido xa se non fose por un mozo que se resistiu a seguir o mesmo camiño dos seus veciños e resolveu continuar coa tradición do seu bisavó. Con axuda da súa familia José Elías González comprou a casa reitoral, rehabilitouna e converteuna nun taller museo onde se recollen pezas históricas e elementos etnográficos da zona ao redor dun encantador espazo onde tornea os famosos xarros sobre o torno de man de orixe romana, para terminar afumando cada peza conforme manda a tradición.

- En Lá: súmase á celebración dos Días Europeos da Artesanía abrindo as portas do seu taller a todos aqueles interesados na elaboración do feltro, material ao redor do cal Pilar Rodríguez Gonda confecciona pezas únicas e totalmente personalizadas: broches, diademas, chapeus, bolsos, colares, panos, e vestidos cun estilo propio influenciado pola paisaxe da súa contorna. Na súa tenda taller tamén poderás atopar producións doutros artesáns dedicados á fabricación de complementos de moda dos sectores da xoiería, bixutería, marroquinería, elaboración de zocos e cestería.

- Estudio Estampa: é un estudo de deseño e serigrafía independente situado en Mondoñedo, provincia de Lugo. As súas novas propietarias Julieta e Lucía Vargas herdaron os coñecementos dos seus pais, serigrafistas cunha longa traxectoria artística e profesional, e ampliáronos cara aos campos do deseño gráfico e o deseño de moda. A súa especialidade é a creación de marca, ilustracións e produtos para pequenos ou grandes proxectos. Traballan por encargo creando conceptos visuais e impresións non convencionais sobre distintos soportes de téxtil e papel. Tamén deseñan as súas propias coleccións de fogar e complementos de moda que comercializan en feiras e eventos tanto de carácter local como internacional, compaxinando este labor produtivo coa organización de actividades educativas ao redor do seu oficio.

- Xosé Luís Latas Vilanova: máis coñecido en ambientes profesionais como Lis Latas, pertence a unha brillante xeración de artesáns nos que conflúen todos os saberes e técnicas tradicionais de construción coas máis avanzadas investigacións destinadas a mellorar o instrumento galego por excelencia: a gaita. Lis ocúpase escrupulosamente da selección de madeiras e o seu tratamento, concedendo especial atención aos distintos tempos de manipulación da madeira. Adapta e constrúe expresamente todo tipo de ferramentas de primeira calidade para a fabricación das súas gaitas, e traballa con perfección a afinación do instrumento, combinando as variables fundamentais que teñen incidencia directa na súa sonoridade. Todo para conseguir un instrumento selecto e profesional con timbre propio que combina o mellor da estética sonora antiga coa minuciosidade na afinación.

- Mi Madre no me deja: súmase á celebración dos Días Europeos da Artesanía abrindo as portas do seu obradoiro a todos aqueles interesados en coñecer o seu imaxinario: debuxos, ilustracións e esculturas transformadas en obxectos de uso cotián como vaixelas, cerámica e téxtiles de todo tipo. Traballan a serigrafía artesanal de forma directa no téxtil e indirecta sobre cerámica, técnica e material que permítelles enlazar o mundo da arte e a artesanía de forma armoniosa e complementaria.

- Oscar Rodríguez Joyeros: Cunha traxectoria profesional de máis de trinta anos Óscar Rodríguez dirixe un dos máis prestixiosos talleres de xoiería de España, especializado na creación de pezas únicas, exclusivas e de gran calidade das que non se fan moldes e cuxa comercialización se canaliza a través de exposicións e feiras de carácter profesional. Traballa con todo tipo de metais, perlas e pedras preciosas, aínda que o seu traballo máis internacional é o coñecido como “tesouros do mar e a terra”, onde incorpora cunchas e madeiras seleccionadas que manipula con maxistral destreza e precisión ata obter verdadeiras obras de arte. O seu taller emprázase no casco antigo de Viveiro, nun edificio rehabilitado para albergar tres zonas: a de preparación do material, a zona de traballo onde se monta, se engasta e se pule, e a zona de deseño e organización.

- Pátina: súmase á celebración dos Días Europeos da Artesanía abrindo as súas portas aos apaixonados do mundo da restauración de mobiliario. Un taller onde non se arranxan mobles senón que se restauran para devolverlles a súa funcionalidade na medida do posible e onde sobre todo respéctase a súa esencia e integridade. O seu responsable, José Luis Estar non repara en dedicar o esforzo e tempo necesarios para investigar sobre a historia de cada peza, conseguir os elementos accesorios adecuados e conservar a pegada da experiencia que outorga a cada moble unha singular beleza e valor engadido.

- Quercur: súmase á celebración dos Días Europeos da Artesanía abrindo as portas do seu taller a todos aqueles coleccionistas ou curiosos interesados no mundo das fundas para coitelos, navallas e armas históricas, armaduras e corazas de coiro, complementos para motociclistas custom, complementos para home fortemente inspirados na tradición vaqueira americana e artigos para actividades ao aire libre inspirados nos aventureiros e tramperos do século XIX. Achégate a descubrir o agarimo e a paixón coa que José Ramón Melchor afronta cada paso do seu traballo: deseño, repuxado, policromado, mateado, cosido todo con calma, ata obter unha peza ruda, cálida e elegante que perdurará no tempo.

- Regal Cerámica: súmase á celebración dos Días Europeos da Artesanía abrindo as súas portas a todas aquelas persoas interesadas nunha cerámica de marcado carácter diferencial. Os seus talleres atópanse no complexo cultural e museístico Regal Xunqueira, en Viveiro. Están especializados no traballo con gres porcelánico cocido a 1.330º  e as súas pezas distínguense polo seu deseño, creatividade, innovación e orixinalidade. Ademais levan máis de 30 anos presentes no mercado da artesanía e tendas de agasallo.

- Traxandaina: celebra os Días Europeos da Artesanía abrindo as portas do seu taller a todos aqueles interesados na investigación e reprodución de pezas antigas de indumentaria tradicional. Nos seus teares dan vida a vellos picotes, gorullos e levantados, aos que dan a cor e a textura de outrora para confeccionalos con técnicas que reproducen fielmente o espírito e saber facer dos seus antepasados.

martes, 18 de octubre de 2016

No a las revalidas y a la Lomce




PLATAFORMA GALEGA EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO
Manifesto
 “NON ÁS REVÁLIDAS”


·         O estabelecemento da proba xeral en 3º e 6º de Primaria e as reválidas en 4º da ESO e en bacharelato, que son requisito imprescindíbel para conseguir os títulos correspondentes, pretenden pór as maiores trabas posíbeis para a continuación dos estudos. Responden, exclusivamente, a unha concepción totalmente clasista e elitista da educación e contribúen a excluír o alumnado máis desfavorecido socialmente do dereito á educación, cando xa hoxe o ensino público carece de elementos compensatorios para facer efectivo e real o principio de igualdade de oportunidades.

·         É unha tiranía exixirlle ao alumnado que se xogue o seu futuro académico co resultado dunha reválida.  É unha aberración, desde o punto de vista pedagóxico, sometelo a unha presión innecesaria, mediante probas que o vai avaliar baixo estándares uniformizadores, sen considerar a educación como un proceso no que hai que  considerar as circunstancias persoais e socioeconómicas e as capacidades e actitudes do alumnado.

·         Só avalían certas áreas de coñecemento, menosprezando a adquisición doutras competencias, destrezas e habilidades do campo artístico e musical e refusando o ensino da nosa historia e medio natural, imprescindíbel para a formación integral do alumnado.

·         Recentralizan o sistema educativo, dado que a elaboración e deseño das probas, os criterios de avaliación e os estándares de aprendizaxe avaliábeis serán fixados polo Ministerio de Educación, rexeitando así o estudo e coñecemento de todo o que nos conforma como pobo galego.

·         Desprezan a avaliación continua e a opinión do equipo docente, cando ninguén mellor que o titor ou titora ou o equipo docente para coñecer as carencias, potencialidades, habilidades e capacidades do alumnado, así como dos medios, recursos e apoios necesarios para mellorar a aprendizaxe e o rendemento escolar.

·         Subestiman e desconfían do traballo do profesorado que estará totalmente sometido e condicionado a orientar o seu traballo docente a preparar o alumnado para a obtención da mellor nota posíbel na avaliación final, marxinando outros aspectos educativos fundamentais para acadar unha formación o máis completa posíbel.  

·         Responden á pretensión de conformar rankings de centros, segundo os resultados destas avaliacións e sen ter en conta as características do alumnado e os servizos cos que conta o centro, co obxecto de ir configurando unha rede elitista que contará con máis medios e recursos

·         Pretenden ir afirmando un sistema educativo competitivo, clasista e segregador que excluirá os sectores máis desfavorecidos da educación e asentará unha estrutura curricular ao servizo do neoliberalismo.

·         Continúan cunha desconsideración absoluta co alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, co profesorado que o atende e coas súas familias, deixando á improvisación todo o relacionado coa organización das probas para este colectivo.
Galiza, 5 de outubro de 2016